Contaminación de fondo

A observación de ozono superficial, dióxido e óxido de nitróxeno, dióxido de xofre e radiación solar, pode realizarse a través da rede española EMEP/VAG/CAMP adicada a observación da composición química da atmosfera a escala rexional, lonxe de fontes contaminantes. A información pode verse na axencia AEMET.

A rede española está formada por trece estacions, en galicia hai dúas, unha en O Saviñao, (Lugo),  e outra en Noia, (A Coruña), na serra do Barbanza, na base militar do monte Iroite “EVA 10”, os datos envíanse a AEMET para o seu procesado.

A interpretación na axencia AEMET,  ver enlace.

Existen uns valores límite para a protección da saúde humana, no caso do ozono: máxima diaria120 μg/m3, o umbral de información, promedio dunha hora é 180 μg/m3, alerta  240 μg/m3 durante 3 horas consecutivas.

Na gráfica: Ozono a esquerda(O3),  óxido de nitróxeno (NO2) a dereita.

 

Aemet, contaminación de fondo

 O smog fotoquímico e o ozono troposférico están relacionados. O ozono, O3, é unha molécula formada por  tres átomos de osíxeno, é un gas de cor azulada que ten un forte olor moi característico que se adoita notar despois das descargas eléctricas das tormentas. O ozono troposférico, ozono que se atopa na troposfera, xunto á superficie da Terra, é un importante conntaminante secundario.

É importante estar informados, os contaminantes aos que estamos sometidos sorprenden…

Esta entrada foi publicada en Aire e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta