Refraneiro de abril

Algúns dos refráns climáticos do mes de Abril.

En abril, augas mil.
En abril, cada pinga vale mil.
O día de San Marcos, auga nos charcos.
San Marcos, rei dos charcos.
Abril, abril; a túa auga para outro e o sol para min.
A auga de primavera, se non é torrencial enche a paneira.
Páscuas molladas, anadas dobradas.
Todas as augas de abril caben nun candil.
En abril a chuvia enche o carro e máis o barril.
En abril augas mil e todas caben nun barril.
Abril chovento enche o cabaceiro.
En abril cantas augas poidan vir.
Abriles e cabaleiros son ás veces traizoeiros.
Abril, se malo quere vir, aínda as portas non deixa abrir.
Chova por abril e maio e non chova en todo o ano.
Que chova en abril e maio e non chova no resto do ano.

Abril frío e mollado enche o celeiro e farta o gando.

Esta entrada foi publicada en Aire, Auga, General, Terra e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

One Response to Refraneiro de abril

  1. jose victor di:

    Que bo! recoleccion de refrans made in balmes xD
    seguide así.

    O meu preferido é:Abril, abril; a túa auga para outro e o sol para min. xD

Deixa unha resposta