Cumbre climática de Durban

radiorebelde.cu

Infografía rebelde

Viñeta de "El País"

RAMÓN ELPAIS.COM - 11 - 12 - 2011

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Predicción do tempo para 24 horas

A predicción do tempo a 24 horas permite ter información moi fiable.

 

Valéndonos das web de meteogalicia e aemet, o tempo nas  próximas  24 horas, dende as 22 horas do día 26 ata as 22 horas do día 27 de outono do 2011.

 

En Meteogalicia. Mapa do día 27, intervalo horario: Desde as 03h. do día 27/10/2011 ata as 12h. do día 27/10/201. Vento do noroeste forza 8 a 9.

 

En aemet, no enlace aparece: Nivel de riesgo Importante: “Fenómenos costeros. Ámbito Geográfico Oeste, Suroeste de Galicia. Hora de comienzo jueves, 27 octubre 2011 a las 09:00 hora oficial. Hora de finalización jueves, 27 octubre 2011 a las 18:00 hora oficial.  Comentario.  Viento de componente norte con intervalos de fuerza 8. Areas de mar muy gruesa.”

Si miramos o mapa de vento, a costa vai ter refachos intensos.

.

 

E para o mar, na ría de Muros-Noia

Haberá problemas o día 27 de outono?. Os avisos están dados. Será didáctico ver o día 27 a web da Axencia galega de emerxencias.

Publicado en Aire | Etiquetado , , , , , , | Deixa un comentario

Que hai de novo

Unha foto dun lugar natural de Galicia, unha foto para comezar.

Antes pateábase a duna de Corrubedo, agora evítase para que non se deteriore.

Publicado en Aire, Terra | Deixa un comentario

Contaminación de fondo

A observación de ozono superficial, dióxido e óxido de nitróxeno, dióxido de xofre e radiación solar, pode realizarse a través da rede española EMEP/VAG/CAMP adicada a observación da composición química da atmosfera a escala rexional, lonxe de fontes contaminantes. A información pode verse na axencia AEMET.

A rede española está formada por trece estacions, en galicia hai dúas, unha en O Saviñao, (Lugo),  e outra en Noia, (A Coruña), na serra do Barbanza, na base militar do monte Iroite “EVA 10”, os datos envíanse a AEMET para o seu procesado.

A interpretación na axencia AEMET,  ver enlace.

Existen uns valores límite para a protección da saúde humana, no caso do ozono: máxima diaria120 μg/m3, o umbral de información, promedio dunha hora é 180 μg/m3, alerta  240 μg/m3 durante 3 horas consecutivas.

Na gráfica: Ozono a esquerda(O3),  óxido de nitróxeno (NO2) a dereita.

 

Aemet, contaminación de fondo

 O smog fotoquímico e o ozono troposférico están relacionados. O ozono, O3, é unha molécula formada por  tres átomos de osíxeno, é un gas de cor azulada que ten un forte olor moi característico que se adoita notar despois das descargas eléctricas das tormentas. O ozono troposférico, ozono que se atopa na troposfera, xunto á superficie da Terra, é un importante conntaminante secundario.

É importante estar informados, os contaminantes aos que estamos sometidos sorprenden…

Publicado en Aire | Etiquetado , , , , , | Deixa un comentario

Descenso de San lois

En Noia, A Coruña.


Este vídeo é para que a xente nova entre no mundo do descenso, no mundo da bicicleta. Para que se tome contacto co medio natural .  O descenso é un deporte no que se pasa moito tempo na natureza e non contamina,  polo tanto non facemos dano a nadie,  nin ao  máis importante: a terra.

Circuito: divertido e moi fácil, ainda que  ten unha pequena pasarela e 5 saltos.

Como chegar: dende Noia tomar dirección a Porto do Son, a  4 Km. de Noia , en Taramancos,  ao lado de de “Talleres  Lois” colledes unha carretera que sube ao alto do monte San Lois. No merendeiro anterior ao cumio do monte  está  a saída.

Publicado en Deporte, Terra | Etiquetado , , , , , , | Deixa un comentario

Refraneiro de abril

Algúns dos refráns climáticos do mes de Abril.

En abril, augas mil.
En abril, cada pinga vale mil.
O día de San Marcos, auga nos charcos.
San Marcos, rei dos charcos.
Abril, abril; a túa auga para outro e o sol para min.
A auga de primavera, se non é torrencial enche a paneira.
Páscuas molladas, anadas dobradas.
Todas as augas de abril caben nun candil.
En abril a chuvia enche o carro e máis o barril.
En abril augas mil e todas caben nun barril.
Abril chovento enche o cabaceiro.
En abril cantas augas poidan vir.
Abriles e cabaleiros son ás veces traizoeiros.
Abril, se malo quere vir, aínda as portas non deixa abrir.
Chova por abril e maio e non chova en todo o ano.
Que chova en abril e maio e non chova no resto do ano.

Abril frío e mollado enche o celeiro e farta o gando.

Publicado en Aire, Auga, General, Terra | Etiquetado , , | 1 Comentario

Tronos

Tronos escoito cos meus

oídos;

relampagos vexo cos

meus ollos.

Estrelas xa

non se ven.

Teño ganas de que todo

acabe.

 

Publicado en Aire, Auga | Etiquetado , | Deixa un comentario

Cando chege o día

acordaraste desta profecía.

Música e letra dos trovadores: “Dios ke te crew“, un grupo de hip hop de Órdes. Hoxe forman un colectivo de graffiti, breakdance, djs e rap.

“…E agora dis que nos cae ácido do ceo

que o ozono e un coador

que xa non queda nin uha pizca de xeo nos polos

cantas mares e animales tolos?

gracias os humanos

que pensamos que somos os amos de todo

reventaremos o planeta

como un globo…”

Publicado en Música | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Fantasía.

 Disney`s fantasía 2000-Firebird. Fantasía 2000.

O retorno da vida silvestre dunha rexión devastada


Publicado en Aire, Música, Terra | Deixa un comentario

Calor

Coa chegada dos primeiros calores da primavera aparecen os lumes.

Vídeo de Pedro Armestre para greenpeace.


Despois a terra queimada, ferida.


Publicado en Terra | Etiquetado , , | Deixa un comentario